background

1 de Abril de 2023

Bienvenido a 7Play!

background

Queremos ser o teu operador de telecomunicacións! Se estás a buscar unha compañía próxima, accesible e con boas tarifas, chegaches ao lugar perfecto 😊


Somos unha marca nova, con ganas de crecer e facer moi ben as cousas, grazas a un equipo comprometido, ilusionado e con longa experiencia no sector.
Nacemos para dar resposta ás necesidades dos usuarios e converternos nun referente do mercado, ofrecendo internet, telefonía móbil e fixa, televisión e outros servizos de valor engadido que pronto iremos lanzando.

O noso modelo de negocio baséase na prestación de servizos en todo o territorio nacional a través do desenvolvemento de infraestructuras propias,
acordos con redes de terceiros, a creación dunha oferta de produtos variada e competitiva, e a integración de operadoras locais que se suman a 7Play para seguir crecendo.

Ata o momento, 16 operadoressituados en distintas zonas xeográficas como Galicia, Cataluña, Aragón, Castela-A Mancha, Comunidade Valenciana ou Andalucía quixeron sumarse á familia 7Play, onde estamos a incorporar na nosa forma de ser a proximidade e o trato personalizado tan característico do ámbito local.

Somos unha compañía cunha cultura xenuína, inclusiva, respectuosa co medio ambiente e que aposta pola diversidade. Impulsados por estes valores queremos contribuír ao crecemento do negocio, as persoas e a sociedade conectando ás persoas e dotando aos pobos de España dos recursos de conectividade necesarios para que todos, independentemente da súa localización, poidan gozar das vantaxes e oportunidades que ofrece a dixitalización.

A que esperas para dar o cambio?

#Soy7Play #Actitud7Play